176 2025ANPA As Mercedes

Detalle noticia

BLog Img
06/06/2025 Publicado por: Charlas 173 Lérona

ACTIVIDADE FORMATIVA

EDUCACIÓN SEXUAL, UNHA FERRAMENTA CHAVE PARA AS FAMILIAS E PROFESORADO

Estimadas familias,

Desde o Departamento de Orientación do CEIP das Mercedes, convidannos ás familias a unha formación sobre educación sexual, que terá lugar o día 10 de xuño das 16 h. ás 17 h. no centro educativo.

Por que é importante esta formación?

A educación sexual é unha parte fundamental do crecemento saudábel de nenas e nenos. Como familias, xogamos un papel esencial en:

  • Favorecer unha visión positiva e respectuosa do corpo e a sexualidade.

  • Previr situacións de risco (como abusos ou comportamentos inadecuados) mediante a información e a confianza.

  • Promover relacións saudábeis, baseadas no consentimento, a igualdade e o respecto á diversidade.

  • Resolver dúbidas a partir dunha perspectiva científica e libre de mitos.

A Lei Orgánica 3/2020 (LOMLOE) recoñece a educación sexual como parte esencial do dereito ao desenvolvemento integral do alumnado (art. 18.3). Inclúea de forma transversal, destacando a necesidade de traballar:

- Igualdade de xénero e non discriminación (art. 24.2.d).
- Saúde emocional e afectivo-sexual (art. 22.2.b).
- Prevención da violencia e o fomento de entornos seguros.

Información práctica:

  • Dirixido a: Familias e profesorado do centro educativo.

  • Inscrición: Non é preciso inscrición previa, sendo a actividade financiada polo colexio.

  • Máis información: Departamento de Orientación.

Contamos convosco para seguir construíndo unha comunidade educativa que acompañe ás nosas fillas e fillos con ferramentas para a vida.