ALARMA -DETERIORO DO CENTRO CEIP AS MERCEDES
Derrubamento parcial do teito do centro
O pasado mes de xuño, o noso centro sufriu o derrubamento parcial do seu tellado, debido a falta de mantemento e inversions realizadas nos ultimos anos por parte da administración correspondente
E por isto que dende a anpa As Mercedes vimos de presentar un escrito no departamento territorial de Lugo denunciando a lamentable situación do centro e solicitando unha reunión urxente coa xefa territorial.
Adxuntamos copia do escrito así como unha foto do derrubamento parcial do tellado