ESCOLA DE FAMILIAS
TALLER RCP BÁSICA NA ESCOLA PARA NENOS E ADULTOS
O vindeiro Luns 27 de Outubro ás 18:30 a Escola Oficial de Enfermería de Lugo impartirá no noso colexio un taller de RCP BÁSICA NA ESCOLA PARA NENOS E ADULTOS CON ESPECIALISTAS PARA CADA IDADE, centrada no recoñecemento da "PCR" (Parada Cardiorrespiratoria) e os seus signos, na importancia da "Cadea de supervivencia" e o manexo de atragoamentos, así como prácticas de RCP, posición lateral de seguridade e desobstrución da vía aérea. Este taller axudaranos ós pais e á comunidade educativa en xeral a saber que facer no caso de que se nos presente unha urxencia vital ó noso arredor.
