125 2024ANPA As Mercedes

Detalle noticia

BLog Img
05/12/2023 Publicado por: Charlas 307 Lérona

ESCOLA DE FAMILIAS

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN SALUDABLE

O vindeiro luns 11 de decembro ás 16:30 realizaremos un obradoiro de alimentación saudable para familias impartido pola dietista-nutricionista Mireya Castiñeiras.

A nutricionista, que traballa pasando consulta en Ronda das Fontiñas 203, falaranos da importancia dunha dieta saudable e como implementala no noso día a día de forma amena e interactiva.

De forma máis concreta o obradoiro centrarase nas problemáticas máis habituais nas familias coa alimentación, nunha parte explicativa sobre nutrientes e dieta equilibrada  e nos mitos alimentarios máis comúns. 

Remataremos cunha parte práctica na que se elaborará unha planificación diaria para poder aplicar o anteriormente exposto. Pero isto non é todo, tras esta planificación poderemos degustar unha cata de tres receitas para o almorzo ricas e fáciles de preparar con alimentos accesibles.

Recomendamos a todos os asistentes que traian papel e boli para esta última parte práctica.

Agardamos que a actividade poida ser do voso interés e vémonos o 11 de decembro na biblioteca do cole.