135 2024ANPA As Mercedes

Detalle noticia

BLog Img

ARDE LUCUS

BANCO DE TRAXES

Dende a ANPA estamos a valorar a idea de realizar un banco de traxes para a celebración do desfile de Arde Lucus. 

Co fin de estimar as persoas interesadas para fixar a data dos intercambios, agradecemos vos inscribades no seguinte formulario quen:

- teñades traxes para doar porque xa queden pequenos

- desexades recibir traxes xa elaborados de segunda man

- estades interesad@s en ambas as opcións mediante un intercambio, tendo preferencia esta modalidade.  

Con esta nova proposta búscase dar saída a traxes xa elaborados que non terían un novo uso e administrar de forma máis eficiente as teas facilitadas polo Concello de Lugo preparándonos por se houbese modificación de condicións nos próximos anos. 

Convidámosvos a participar. Desexamos que sexa proveitoso para tod@s.

FORMULARIO (PINCHAR AQUÍ)