125 2024ANPA As Mercedes

Sobre a ANPA

Sobre a ANPA

  • A A.N.P.A. do CEIP AS MERCEDES é unha asociación formada por pais e nais de alumnos do colexio, orientada a construír unha estrutura de apoio e comunicación entre as familias e o colexio, actuando como interlocutores, propoñendo e tratando temas que afectan á educación dos nosos fillos e colaborando coa dirección e o profesorado buscando o beneficio de todo o alumnado e da comunidade educativa.
  • A asociación formámola todos os pais e nais asociados, e dentro da mesma, existe unha Xunta directiva. Todos os pais que compoñemos a xunta directiva facémolo de forma voluntaria e desinteresada.
area thumb

Algunhas da iniciativas que levamos a cabo ao longo do curso son:

Animámosvos a facervos membros para poder formar unha ANPA numerosa, o que redundará en beneficio de todo o colexio. Todas as colaboracións son benvidas, as nosas portas están abertas a todo o que queira sumarse e achegar.

Para calquera suxestión ou cuestión, podedes poñervos en contacto connosco a través do noso email: anpa.ceip.as.mercedes@gmail.com

Finalmente, dámosvos a benvida a esta nova plataforma, que pretende facilitar que a información, propostas e actividades cheguen de maneira máis fácil a todos os membros da ANPA.